O proxecto
Na busca da xoia da coroa
“Na busca do Captain” é un proxecto de investigación para coñecer, e tratar de atopar, o HMS Captain, un acoirazado inglés naufragado preto de Fisterra no 1870. Non era un barco calquera. Era, no seu momento, a xoia da coroa da Royal Navy británica, unha aposta arriscada por construir un barco que aunase todos os últimos deseños da enxeñería naval. O experimento non saiu ben, e un temporal, iso din, rematou co HMS Captain e con case 500 mariños (só 18 membros da tripulación sobreviviron) no fondo do mar galego. A traxedia rematou cunha corte marcial na que se tentou buscar culpables.
Na actualidade, en Reino Unido o HMS Captain segue a ser un mito. A historia dunha gran ambición e dun grande fracaso. Sen embargo, en Galicia apenas hai pegadas, a pesares de que os seus náufragos viviron tamén un periplo en terras galegas, e de que as nosas augas agochan un verdadeiro tesouro somerxido.
Por iso “Na busca do Captain”, a través de entrevistas a expertos, mariñeiros, veciños e a través dunha labor de investigación documental, buscou facer un relato fiel do suceso desde múltiples puntos de vista, e tamén acotar unha zona do mar na que, cremos, poden estar os restos do HMS Captain. Polo camiño, descubrimos tamén outros naufraxios da zona e o que supón ser “a Costa da Morte”.
Este proxecto conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través do programa de subvencións a entidades lucrativas para a produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia da Coruña.
Este proxecto conta coa colaboración da Deputación da Coruña
